Blogia
AlbertoPalanca

The photoscape

The photoscape

O Photscape é un programa informático que serve para cambiar fotografías.Elixes unha fotografía dos teus archivos,e no programa elíxela e cárgala,e logo podes cambiarlle o formato en que está,a súa calidade de visión,darlle claridade,cortala,poñerlle textos,cambiarlle a textura de diversas formas,dende algo oscuro ata pincelala ou darlle un toque antigo e roto.Tamén lle podes cambiar a pixelada á imaxe e facer muráis e collages cas fotografías que ti elixas.

É un programa que eu creo que está moi ligado ao Fotolog ou ao Tuenti,xa que moitas fotos e vídeos que a eses outros programas se suben foron previamente retocados no Photoscape.De todos os programas fotográficos que tiven oportunidade de usar,me parece que me quedo con este pola súa sinxeleza no uso e a súa claridade nas explicacións.Aparte de que fai uns traballos bastante  bos.O programa báixase gratuitamente de Internet,e cada certo tempo hai actualizacións para el que deben ser tamen descargadas e executadas.

UN saúdo!

 

0 comentarios